Normas da comunidade

Chat & Date é o lugar ideal para crear conexións auténticas. É un espazo no que todo o mundo poida amosarse tal e como é e dicir con claridade o que está procurando.

Queremos que todos gocen da súa experiencia en Chat & Date e que empreguen a nosa plataforma de xeito seguro e responsábel. Millóns de persoas en todo o mundo confían en nós para manter un espazo seguro e fiábel para facer conexións. Creamos estas normas da comunidade para darche unha idea de que comportamento é aceptábel e cal non na nosa plataforma.

As nosas políticas desenvólvense coa axuda da nosa comunidade e o compromiso do noso persoal de manter un espazo seguro para facer conexións.

Estamos comprometidos a revisa-las nosas políticas de xeito continuo para que reflictan e representen con precisión a diversidade dos nosos membros e se manteñan ao día cos cambios que se dan no mundo.

Chat & Date non é o lugar para:

Menores

Chat & Date é unha plataforma só para adultos. Isto significa que debes ter 18 anos ou máis para unirte á plataforma. Se atopamos algunha evidencia de que poderías ser menor de idade, bloquearémoste do servizo. Se o fiexemos por erro, reservámono-lo dereito a solicitar unha identificación para verifica-la túa idade.

Entendemos que a algúns membros lles gostaría incluír cativos nas súas fotografías. Pedimos que os cativos non aparezan sós nas imaxes e estean completamente vestidos. Isto é máis seguro para tódolos involucrados.

En resumo:

  • Non se admiten membros menores de 18 años.
  • Non se admiten fotos de nenos sós no perfil.

Perfís falsos

Cando te unes a Chat & Date, agardamos que te amoses a ti mesmo con honestidade. Iso significa que debes: usa-lo nome que usas na vida real, usar só fotos reais, non terxiversa-la túa identidade nin facerte pasar por outra persoa, nin alterar ningunha información sobre ti mesmo.

Isto inclúe:

  • Mentir sobre a túa información, incluída a túa idade e localización.
  • Publicar ou enviar fotos que non son túas.
  • Publicar ou enviar imaxes retocadas con Photoshop que suxiran que es outra persoa.
  • Publicar imaxes nas que se oculta a túa faciana.
  • Publicar imaxes con marcas de auga, logotipos, texto superposto ou moi editadas.

Discriminación

Somos unha comunidade moi diversa. Isto significa que sempre debes respecta-las crenzas, os intereses e a identidade doutras persoas. Chat & Date adopta unha postura firme contra o discurso de odio e a discriminación.

Consideramos que o contido é discurso de odio (e tomamos accións máis severas contra un perfil) se promove ou aproba o racismo, a intolerancia, a violencia, o odio, a deshumanización ou o dano contra persoas ou grupos en función de:

  • Raza
  • Etnia
  • Discapacidade
  • Idade
  • Nacionalidade
  • Orientación sexual
  • Xénero
  • Identidade de xénero
  • Relixión
  • Aparencia (incluído o body shaming)

Isto inclúe:

  • Símbolos que representan grupos de odio ou crenzas discriminatorias.
  • Bromas ou memes que poden resultar ofensivos ou insensibles.
  • Comentarios que esperan ou procuran facer dano a unha persoa ou grupo de persoas.
  • Insultos contra unha comunidade protexida.
  • Amenazas contra calquera persoa ou grupo, incluídas figuras políticas.
  • Imaxes que amosan a outros como menos que humanos.
  • Forza-la túa opinión sobre unha identidade ideal a outra persona. Por exemplo, adoptamos unha postura firme en contra do body shaming ou de impoñer aos demais a túa opinión sobre o que é un "bo corpo".

Acoso ou abuso

En Chat & Date, aínda que queremos que te expreses tal e como es cunha conexión potencial, non debes facelo dun xeito que poida facer que esa persoa se sinta incómoda ou atacada.

Isto inclúe:

  • Acoso online ou en persoa
  • Fotos obscenas non solicitadas
  • Insinuacións e/ou comentarios sexuais non desexados
  • Imaxes ou vídeos íntimos non acordados
  • Explotación sexual online
  • Tráfico sexual
  • Agresión sexual
  • Abuso e explotación sexual infantil
  • Ameazas ou actos violentos

Scams, fraude

Non estafar aos membros de Chat & Date nin enganalos de ningún xeito para obter beneficios económicos.

Isto inclúe:

  • Comparti-la información da túa conta financieira (Venmo, PayPal, WeChat, etc.) co fin de recibir cartos doutro membro.
  • Intentar obter información moi persoal, como información dunha conta bancaria ou un número de seguro social.
  • Ofrece-la oportunidade de recibir algo a cambio de cartos ou información enviada.
  • Finxir intencións románticas, angustia financieira e/ou personal para obter cartos.

Spam

Considerámo-lo spam como a práctica de enviar mensaxes non desexadas con frecuencia co propósito de publicidade comercial, razóns non comerciais ou calquera propósito prohibido.

Isto inclúe:

  • Contido destinado a atraer tráfico ou atención dende unha interacción en Chat & Date a sitios web, contas, produtos ou servizos externos.
  • A creación de varias contas para publicar contido duplicado ou crear un compromiso falso.
  • Copia e pega de mensaxes a outros membros.

Promoción e solicitude

Chat & Date non é un mercado. Non se permite o uso de Chat & Date con fins comerciais. Isto inclúe publicidade ou promoción dun evento teu, negocio, música ou actuación. A solicitud tamén está estrictamente prohibida, é dicir, o acto de pedir ou tratar de obter algo de alguén ou pedirlle a unha persoa que cometa un acto ilegal.

Isto inclúe:

  • Fotos anunciando servizos ou artigos á venta.
  • Solicitude de calquera servizo incluíndo servizos sexuais ou de escort.
  • Contratación para o entretenemento de adultos.
  • Ligazóns a contas financieiras.
  • Ligazóns a peticións.
  • Ligazóns a webs comerciais e/ou compartir información sobre calquera servizo baseado en subscricións.
  • Ligazóns ás túas contas de redes sociais.
  • Solicitude de apoio financieiro ou agasallos.
  • Campañas políticas.

Contas múltiples

Para que Chat & Date sexa un lugar no que todos poidan gozar, non permitimos que os membros teñan contas múltiples.

Isto inclúe:

  • Ter máis dunha conta activa á vez.
  • Crear e eliminar contas constantemente.

Contas compartidas

Non é posíbel crear unha conta de grupo, con parellas ou amigos. Chat & Date é un lugar para que os membros se amosen a sí mesmos de forma individual.

Como moderamos

Empregamos unha combinación de sistemas automatizados e un equipo de moderadores para monitorear e revisar contas e mensaxes na procura de calquera contido que vulnere estas normas e as nosas Condicións de uso. Se non respectas estas normas e o Pacto de honestidade, tanto ao usares a aplicación como ao quedares con xente, podemos restrinxir o teu acceso a Chat & Date ou eliminar a túa conta de Chat & Date de forma permanente.