Perfís non auténticos
Chat & Date celebra a autenticidade e agardamos que tódolos nosos membros se representen a si mesmos con precisión no seu perfil.
Os membros poden usar iniciais, abreviaturas, versións contraídas/acurtadas do seu nome ou segundo nome, sempre que estes nomes sexan unha variación do seu nome auténtico.
Non permitímo-la suplantación de identidade nin a terxiversación na nosa plataforma. Consideramos estes, e comportamentos similares, como comportamentos non auténticos. Isto inclúe, pero non se limita a:
- Catfishing (é dicir, crear unha persoa en liña que non es ti)
- Usar fotos doutra persoa, fotos xeradas artificialmente ou fotos melloradas para enganar a outras persoas
- Terxiversar, inducir a erro ou afirmar feitos falsos sobre ti (incluído o nome, o sexo, a idade e a localización permanente)
- Finxir ser outra persoa, incluída unha celebridade ou outra figura pública
- Permitir a outra persoa ter acceso ou control dunha conta que non a representa
- Compartir contido que poida infrinxir os dereitos de autor, a marca rexistrada, o nome, a semellanza, a imaxe, a propiedade intelectual ou a privacidade doutra persoa.
- Subir fotos túas que estean moi distorsionadas ou que conteñan efectos dixitais esaxerados ou non naturais até o punto de que non se pode determinar claramente que es a persoa da imaxe
- Utilizar fotos de perfil que conteñen un código QR ou URL
- Subir fotos de perfil de memes de Internet ou imaxes que son principalmente texto
Coñece a nosa filosofía de aplicación das normas desta páxina. E, se cres que cometemos un erro ao tomar medidas sobre a túa conta ou contido, sempre podes poñerte en contacto connosco aquí.