En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Sobre Chat & Date

Que é Chat & Date? Que fago aquí? Onde estou? Atopa aquí a resposta ás túas dúbidas existenciais.

  1. Que cambios se fixeron en Chat & Date?

    O maior cambio que fixemos está no xeito no que abordamos todo o que facemos.

    Anuncia-lo cambio é só o principio para nós, agardamos que che gostasen o novo logo, as cores e os anuncios que lanzamos.

    Este cambio realizarase en distintas fases. Primeiro, actualizando o noso deseño. Segundo, engadindo novas funcións. Terceiro... quen sabe?

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Que é Chat & Date?

    Chat & Date é o sitio para coñecer xente de forma honesta.

    Nunha sociedade que saca proveito das nosas dúbidas, Chat & Date é a app de dating online onde se valora o ser real, xenuíno. Combatímo-la ambigüidade das citas modernas con conversas auténticas e sen filtros. Cremos que as conexións de verdade nacen ao dicir honestamente quen es e o que queres.

    Facemos que as redes sociais cobren vida permitíndoche parolar e conectar con persoas cos mesmos intereses ca ti, atopar conexións auténticas preto de ti e coñecer persoas ás que lles guostes por ser tal e como es. Tamén podes facer videollamadas en calquera momento e lugar.

    Somos moito máis ca unha app de dating!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como funciona Chat & Date?

    Chat & Date está deseñado para ser empregado de maneira fácil e intuitiva, pero entendemos que os usuarios novos coma ti precisen un pouquiño de axuda para non perderse.

    Cando te rexistras por primeira vez, debes asegurarte de subir unha boa foto túa e escribir un pouco sobre ti para amosares aos outros usuarios quen es.

    En canto crée-lo teu perfil, podes probar Encontros , que é a alma de Chat & Date. Simplemente escorrega para votar "Si" ou "Non" a outros usuarios, e se ambos votades "Si", fórmase unha Conexión e podedes comezar a parolar! Asegúrate de que configuraches correctamente a sección "Quero".

    Xente preto é a sección na que poderás ver perfís de xente da túa cidade ou rexión.

    Podes utilizar Chat & Date de maneira gratuíta, pero se queres destacar entre todo o mundo, bota unha ollada aos nosos servizos premium: Créditos e Chat & Date Premium.

    Esperamos que goces da túa experiencia Chat & Date!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Hai normas?

    Só unhas poucas! Antes de nada, xoga limpo. Queremos que teñas unha experiencia agradábel e que poidas expresarte da mellor maneira posíbel, pero se outros usuarios se queixan do teu comportamento, tomarémo-las medidas oportunas. 

    Ademais, calquera contido que subas ao teu perfil de Chat & Date debe axustarse ás Condicións de Uso e non violar ningún dereito de autor. Calquera material pornográfico ou ofensivo será eliminado e podería resultar na eliminación da túa conta de Chat & Date. 

    Para máis información, consulta os seguintes apartados: Normas da comunidade, Condicións de uso, e Política de privacidade.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Canto custa?

    Chat & Date é completamente de balde! Isto permíteche crear un perfil de usuario, engadi-las túas fotos e vídeos, procurar xente na túa zona ou parolar con novos usuarios cada día. 

    Tómaste en serio o de coñecer xente de forma honesta? Chat & Date Premium é para ti. Poderás acceder a uhna serie de funcionalidades para sacarlle o máximo partido á nuestra app.

    Fai clic naquelas que che interesan, como Ponme primeiro , Destacados ou Chat & Date Premium para ve-las condicións e custos.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non