En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Seguridade en Chat & Date

En Chat & Date sabémo-lo importante que é a protección da túa privacidade e axudarche a tomar decisións sas para ti e as túas conexións é esencial, por iso temos diferentes opcións para que a poidas xestionar.

  1. Como podo controla-la miña seguridade?

    Por favor, bota unha ollada aos Consellos de Seguridade de Chat & Date, dispoñíbeis no noso Centro de axuda. Aconsellámosche que non revéle-la túa información persoal ou bancaria a través de Internet, xa que Chat & Date nunca che pedirá este tipo de datos a través da sección "Mensaxes".

    Para tódalas preguntas relacionadas coa seguridade na páxina, por favor contacta co noso Equipo de Soporte.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Onde podo denunciar unha foto desapropiada?

    Revisamos tódalas fotos que son subidas a Chat & Date, pero algunha vez pode escaparse algunha foto desapropiada. Se atopas unha foto falsa ou desapropiada en Encontros, notifícanolo facendo clic na icona da bandeira que verás na parte de abaixo de cada foto, e selecciona a razón pola que decidiches denunciala. Se ves unha foto desapropiada fóra de Encontros, denúnciaa facendo clic na icona dos tres puntos que verás na esquina superior dereita da páxina do perfil desa persoa. Selecciona entón "Bloquear e Denunciar" e elixe a razón apropiada.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como podo denunciar un comportamento abusivo?

    Se alguén ten un comportamento ou linguaxe abusivo contra ti, por favor, comunícanolo facendo clic na icona dos tres puntos que verás na esquina superior dereita da súa páxina de perfil. Selecciona "Bloquear ou Denunciar" e escolle a razón.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Como podo denunciar un perfil falso?

    Se alguén creou un perfil cos teus datos, por favor, contacta co noso Equipo de atención ao usuario e envíano-la ligazón da conta que está empregando tus datos.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Como podo denunciar unha foto roubada?

    Se a túa foto está sendo empregada sen o teu consentimento e non es usuario de Chat & Date, por favor, contacta co noso Equipo de soporte e envíano-la ligazón da conta que está empregando a túa foto.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  6. Como podo desbloquear a alguén?

    Primeiro vai a Configuración facendo clic na icona da roda na esquina superior dereita da tua páxina de perfil. Baixa até Usuarios bloqueados, fai clic na icona do lapis ao lado desta sección, selecciona aos usuarios que queres desbloquear e fai clic en Desbloquear.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  7. Como podo bloquear a un usuario?

    Para bloquear a un usuario, accede ao seu perfil e selecciona a icona dos tres puntos que verás xunto á opción "Parolar agora" e selecciona "Bloquear ou Denunciar". Ten en conta que deixarás de recibir mensaxes de diio usuario pero poderá seguir visitando o teu perfil.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non