En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Chat & Date Premium

Chat & Date Premium axúdache a destacares frente aos demais e a coñecer xente nova dunha maneira máis rápida. Con el, verás melloradas as opcións ao parolar, procurar xente afín a ti, compartir fotos e vídeos e, en definitiva, pasalo ben.

  1. Que servizos inclúe Chat & Date Premium?

    Chat & Date Premium inclúe moitas funcións que os usuarios sen el non posúen:

    Góstolles: Ver quen votou "Si" por ti en Encontros

    Modo invisíbel: navega por perfís de Chat & Date sen que ninguén te vexa

    Desfacer o teu último voto: Poderás desfacer os últimos "Non" que fixeses en Encontros

    Favoritos: Poderás ver a quen lle encantaches

    Parola cos usuarios máis populares: Consigue acceso directo aos usuarios máis populares de Chat & Date

    Sé o primeiro/a en contactar cos usuarios novos: Fala con outros usuarios dende o momento en que se unen a Chat & Date.

    Mensaxes destacadas: Fai que as túas mensaxes sexan lidas primeiro polos teus contactos.

    Adhesivos: Ten acceso a divertidos adhesivos para enviares aos teus contactos.

    Ademais de tódolos beneficios que mencionamos, poderás utilizar Chat & Date sen que apareza publicidade!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Como funciona a subscrición a Chat & Date Premium?

    Chat & Date Premium é un servizo de pagamento por subscrición. Poderás adquirir Chat & Date Premium por distintos períodos de tempo a través de calquera dos nosos métodos de pagamento dispoñíbeis. A subscrición a Chat & Date Premium renóvase de forma automática e os métodos de pagamento varían según o país.

    Podes controla-la túa subscrición en calquera momento a través da túa páxina de "Configuración de pagamentos".

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Como podo mercar Chat & Date Premium coa miña tarxeta de crédito ou a miña conta de Paypal?

    clic en "Activar" na túa páxina de perfil e sigue as instrucións. Poderás pagar con tarxeta de crédito ou Paypal e recibirás un correo de confirmación unha vez teñas pagado. Por favor, ten en conta que a subscrición renóvase automaticamente.


    Para pagar con tarxeta de crédito, elixe a opción á que desexas subscribirte e sigue as instrucións. Fai clic en "Activar" e agarda pola mensaxe de confirmación do teu pagamento. Tamén recibirás un correo de confirmación unha vez teñas pagado.



    Para pagar con Paypal, elixe a opción á que desexas subscribirte e fai clic en "Activar". Serás dirixido á páxina de inicio de sesión de Paypal e unha vez alí terás que completa-lo proceso de compra.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Como mercar Chat & Date Premium a través de SMS?

    A compra de Premium só está dispoñíbel nalgúns países, varía segundo os proveedores. Se as transaccións vía SMS están permitidas no teu país, verás a opción de SMS cando premas en "Activar" na túa páxina de perfil. Despois sigue as instrucións para activar este servizo. Enviarémosche un SMS e terás que confirmar que queres activa-la túa subscrición.

    Unha vez que confirmes, recibirás un SMS cada vez que a túa subscrición se renove. Podes cancelar Chat & Date Premium en calquera momento seguindo as instrucións que recibiches na túa primeira mensaxe de confirmación ou en calquera das mensaxes de renovación. Non dubides en contactar co noso Equipo de atención ao usuario se precisas axuda coa túa subscrición.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Como podo mercar Chat & Date Premium na páxina móbil de Chat & Date?

    Vai á páxina do teu perfil e selecciona Chat & Date Premium, despois sigue as instrucións que aparecen na pantalla.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  6. Como cancela-la subscrición a Chat & Date Premium ou Premium Plus?

    Cancela-la túa subscrición a Chat & Date Premium ou Premium Plus subscription é sinxelo; sigue os seguintes pasos segundo o servizo que esteas a usar:

    Web e we móbil:

    Podes cancela-la túa subscrición a Chat & Date Premium a través da web indo á túa "Configuración de pagamentos" no menú de "Configuración" e facer clic en "Dar de baixa".

    iOS:

    Para cancela-la túa subscrición a Chat & Date Premium feita dente iOS, vai á configuración do teu dispositivo, preme en Apple ID e despois en Subscricións. Despois podes segui-los pasos para xestiona-las túas subscicións e desactiva-la renovación automática.

    Se adquiriches Chat & Date Premium coa túa tarxeta de crédito ou PayPal, vista a web de https://chatdate.app e cancela a subscrición dende a túa configuración de pagamentos.

    Android:

    Para cancela-la subscrición a Chat & Date adquirida dende Google Play, abre a Google Play store no teu teléfono, llocaliza a app de Chat & Date e preme en "Dar de baixa".

    Se te subscribiches coa tarxeta de crédito ou PayPal, vai á túa páxina de perfil e abre a Configuración, preme en Preferencias da conta, selecciona Configuración de pagamentos e cancela a túa subscrición na sección de Chat & Date Premium.

    SMS:

    Se queres cancelar unha subscrición feita dende SMS, sigue as instrucións do teu SMS de confirmación inicial ou de calquera SMS de renovación de subscrición.

    En canto sigas estes pasos de forma satisfactoria, a túa subscricón rematará o último día do período que tiveses adquirido.

    Se tes calquera dúbida, contacta co noso Equipo de atención ao usuario para axudarche co que precises.

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  7. Teño problemas ao mercar Chat & Date Premium, que podo facer?

    Por favor, contacta co noso Equipo de soporte se tes algún problema á hora de mercar Chat & Date Premium. Estarán encantados de axudarche!

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  8. Como podo desface-lo meu último voto?

    Despois de votar "Non" por alguén en Encontros, simplemente fai clic sobre a foto da persoa, na esquina superior dereita da pantalla (verás esta icona sobre ela). Ten en conta que non poderás utiliza-la opción de "desfacer" dúas veces seguidas e que esta opción non está dispoñíbel para cando votes "Si".

    Resultouche útil a resposta? Si - Non