En que che podemos axudar?

Boas! Dámosche a benvida ao noso centro de axuda.
Por favor, introduce deseguido a túa consulta ou o nome do servizo sobre o queres preguntar:

Pagamento con Google

  1. Android: Como podo eliminar/editar un método de pagamento en Google Play?

    Se queres elimina-lo teu método de pagamento ou modifica-los datos de pagamento que empregas para as compras en Google Play, sigue estes pasos: 

    1. Abre a app de Google Play.
    2. Preme na icona do perfil na parte superior dereita.
    3. Selecciona Pagamentos e subscricións, logo Métodos de pagamento e despois Máis.
    4. Preme no botón de menú de 3 liñas para abri-lo menú lateral e, seguidamente, vai a Configuración de paga,emtos.
    5. Se se solicita, inicia sesión en Google Pay.
    6. Baixo o método de pagamento que desexes eliminar, simplemente preme Eliminar ou Editar.

    Si precisas máis axuda, pode serche de utilidade este artigo do Centro de axuda de Google Play: https://support.google.com/goo...

    Se tes máis preguntas, non dubides en contactar co noso Equipo de soporte


    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  2. Android: Como podo engadir un método de pagamento a Google Play?

    Segundo a nova política de pagamentos de Google, os usuarios de Android só poden mercar servizos a través de Google Play empregando os métodos de pagamento vencellados á súa conta de Google.

    Podes adquiri-los nosos servizos con Google Play empregando os métodos de pagamento da túa conta de Google. Se é a primeira vez que fas unha compra, o teu método de pagamento almacenarase na túa conta de Google.

    Sigue estes pasos para engadir un novo método de pagamento á túa conta de Google Play:

    1. Abre a app de Google Play
    2. Preme na icona do perfil na parte superior dereita.
    3. Selecciona Pagamentos e subscripcións, logo Métodos de pagamento e, a continuación, Engadir método de pagamento
    4. Escolle o método de pagamento que queres angadir
    5. Sigue as instrucións que aparecen na pantalla

    Por favor, ten en conta que o número de opcións pode variar segundo o país, o operador de telefonía móbil e outros factores adicionais. Non obstante, terás a posibilidade de engadir unha tarxeta de crédito ou débito, engadir unha conta de Paypal, emprega-la facturación do operador (SMS) ou utilizar Google Play Credit.

    Para máis información sobre as opcións de pagamento dispoñíbeis, por favor consulta Google Play Axuda.

    Se tes algunha outra pregunta, non dubides en contactar co noso Equipo de soporte_. 

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  3. Android: Por que xa non podo adquirir unha subscrición diaria?

    Segundo a nova política de pagamentos de Google, os usuarios de Android só poden mercar servizos a través de Google Play empregando os métodos de pagamento vencellados á súa conta de Google. Por este motivo, xa non está dispoñíbel a opción das subscricións diarias.

    Sentímo-las molestias que isto poida ocasionar. Non obstante, temos outras opcións para gozar das vantaxes das nosas funcións Premium, xa que ofrecemos Chat & Date Premium e Chat & Date Premium Plus durante 7, 30, 90 o 180 días. 

    Podes ver tódolos nosos servizos e opcións de paquetes dende a pantalla de pagamento dentro da app.

    Se tes algunha outra pregunta, non dubides en contactar co noso Equipo de soporte

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  4. Android: Por qué xa non está dispoñíbel o meu método de pagamento habitual?

    Como parte da nova política de pagos de Google, eliminamos tódolos métodos de pagamento excepto o de Google Play para Android. Poderás seguir adquirindo os nosos servizos, pero aora terás que facelo a través de Google Play.

    Se tes activada a recarga automática ou tes unha subscrición existente de Chat & Date que fose adquirida antes deste cambio, poderás seguir renovándoa pagando co teu método de pagamento anterior.

    O proceso de cancelación tamén segue sendo o mesmo. Non obstante, ten en conta que se cancelas unha subscrición antiga, terás que volver a subscribirte a través de Google Play.

    As opcións de pagamento e os paquetes adicionais seguirán estando  dispoñíbeiss en Chat & Date.com.

    Se tes algunha outra pregunta, non dubides en contactar co noso Equipo de soporte

    Resultouche útil a resposta? Si - Non
  5. Android: Por qué só podo facer unha compra con Google Play?

    Segundo a nova política de pagamentos de Google, os usuarios de Android só poden mercar servizos a través de Google Play empregando os métodos de pagamento vencellados á súa conta de Google.

    Por mor disto, as compras dende a app deben realizarse a través de Google Play, incluíndo os pagamentos realizados a Chat & Date. Se o teu método de pagamento preferido é a tarxeta de crédito ou PayPal, debes vencellalos primeiro a túa conta de Google.

    Ten en conta que isto é só para as novas compras. Se tes unha subscrición existente de Chat & Date que fose mercada antes deste cambio, poderás seguir renovándoa co teu método de pagamento anterior. Non obstante, se a renovación se cancela, a nova norma aplicarase a tódalas compras futuras. 

    Podes atopar máis información sobre como engadir, eliminar ou edita-lo teu método de pagamento de Google Play consultando este artigo de Google: https://support.google.com/goo...

    Se queres pagar con tarxeta de crédito ou con PayPal sen vencellalos á túa conta de Google, podes facelo a través de Chat & Date.com.

    Se tenes algunha outra pregunta, non dubides en contactar co noso Equipo de soporte

    Resultouche útil a resposta? Si - Non